Actualidade

Axudas aos arquivos galegos. Convocatoria de 2017

A Secretaría xeral de Cultura publica no DOG do 11 de abril a Orde do 28 de marzo de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas destinadas á colaboración no financiamento de actuacións en materia de aquivos.

Estas axudas teñen como obxectivo promover a protección, conservación, acrecentamento e difusión do patrimonio documental e arquivos de Galicia, garantindo unha custodia responsable e o acceso dos cidadáns aos documentos. A finalidade da axuda é a realización de actividades que teñan por obxecto a descrición de fondos documentais dos arquivos galegos segundo a metodoloxía arquivística.

Poderán optar a estas axudas os entes locais e as entidades privadas sen fin de lucro galegas que conten cun local estable destinado a arquivo e custodien fondos documentais constitutivos do patrimonio documental de Galicia, entendido como tal o establecido no artigo 109 da Lei 5/2016, do 4 de maio, do patrimonio cultural de Galicia.

Publicar no Facebook
Compartir no Twitter
Agregar a Delicious
Compartir no LinkedIn

II Encontro de Cooperación para o Desenvolvemento da Administración Electrónica na Cidade da Cultura de Galicia

Data de publicación: 23-03-2017 Data de fin: 24-03-2017

Na segunda sesión do II Encontro interviron Marina García Pita, Subdirectora Xeral de Arquivos, e Mar García Miraz, Xefa de Servizo do Arquivo de Galicia, para falarnos do Arquivo Electrónico Único da Xunta de Galicia.

Publicar no Facebook
Compartir no Twitter
Agregar a Delicious
Compartir no LinkedIn

Fondo do Banco Gallego

Data de publicación: 06-03-2017

O día 6 de marzo o Arquivo de Galicia recibiu oficialmente unha parte do fondo documental do Banco Gallego que, despois da súa absorción no 2013 polo Banco Sabadell, permanecía en Cataluña.

 Aínda que Banco Gallego nace en 1987, as súas orixes remóntanse á sociedade fundada por Manuel Pérez Sáenz en 1845 e reflicten o despertar da actividade bancaria en Galicia, en estreita relación co desenvolvemento comercial experimentado desde mediados do século XIX.

 Co depósito da documentación contable e algunha anterior (entre 1760-1900) ponse a disposicón dos cidadáns un conxunto documental de gran importancia para o estudo da historia económica de Galicia.

Publicar no Facebook
Compartir no Twitter
Agregar a Delicious
Compartir no LinkedIn