Actualidade

Hoxe publícanse no DOG os criterios de avaliación para a selección, transferencia da custodia e acceso aos documentos así como o formulario normalizado para a elaboración dos estudos de identificación e avaliación de series documentais.

Estes documentos foron aprobados no Consello de Avaliación Documental de Galicia na sesión do 15 de marzo de 2017.

Publicar no Facebook
Compartir no Twitter
Agregar a Delicious
Compartir no LinkedIn

Convocatoria de probas selectivas para acceso á escala auxiliar de arquivos, bibliotecas e museos

No DOG do luns, 24 de abril de 2017, a  Universidade de Santiago de Compostela convoca probas selectivas para acceso á escala auxiliar de arquivos, bibliotecas e museos desta Universidade, subgrupo C1, pola quenda de acceso libre.
As prazas convocadas terá no seu destino nas localidades de Santiaog de Compostela e Lugo.
O prazo para a presentación de solicitudes é de vinte días naturais, contados a partir do seguinte ao da publicación do anuncio desta convocatoria no Boletín Oficial do Estado.
 
 
Publicar no Facebook
Compartir no Twitter
Agregar a Delicious
Compartir no LinkedIn

Axudas aos arquivos galegos. Convocatoria de 2017

A Secretaría xeral de Cultura publica no DOG do 11 de abril a Orde do 28 de marzo de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas destinadas á colaboración no financiamento de actuacións en materia de aquivos.

Estas axudas teñen como obxectivo promover a protección, conservación, acrecentamento e difusión do patrimonio documental e arquivos de Galicia, garantindo unha custodia responsable e o acceso dos cidadáns aos documentos. A finalidade da axuda é a realización de actividades que teñan por obxecto a descrición de fondos documentais dos arquivos galegos segundo a metodoloxía arquivística.

Poderán optar a estas axudas os entes locais e as entidades privadas sen fin de lucro galegas que conten cun local estable destinado a arquivo e custodien fondos documentais constitutivos do patrimonio documental de Galicia, entendido como tal o establecido no artigo 109 da Lei 5/2016, do 4 de maio, do patrimonio cultural de Galicia.

Publicar no Facebook
Compartir no Twitter
Agregar a Delicious
Compartir no LinkedIn