A Universidade de Milwaukee dona á Xunta de Galicia libros de fareiros de Estaca de Bares

Libro diario do semáforo de Bares
Data de publicación: 12-01-2010

A Universidade de Wisconsin-Milwaukee (UWM) doou á Xunta de Galicia varios Libros diarios de fareiros correspondentes ao Semáforo e Faro de Estaca de Bares que apareceran na Biblioteca da citada Universidade.

O envío foi remitido ao Arquivo do Reino de Galicia o pasado ano 2009 por Ewa Barczyk, Directora da Biblioteca da Universidade de Wisconsin-Milwakee, e Michael Doylen, Xefe do Departamento de Arquivos.

Os libros corresponden ao período cronolóxico de 1887-1894, 1894-1897 e 1906-1909, e foron aceptados pola Comunidade Autónoma polo Decreto 447/2009, do 23 de decembro, da Consellería de Facenda (DOG nº 6, do 12 de xaneiro de 2010).