Documentos e obxectos relacionados con Ramón Suárez Picallo son depositados no Arquivo do Reino de Galicia

Data de publicación: 15-01-2010

D. Ramón Tenreiro Suárez, sobriño de Ramón Suárez Picallo e a VI República Comisión Irmáns Suárez Picallo de Sada, veñen de depositar diversos documentos, libros e obxectos relacionados co ex-deputado galeguista durante a II República, Ramón Suárez Picallo. Entre estes destaca a "poeira" dedicada que contén un exemplar da Constitución de 1931, un álbum con copias das fotografías dos deputados desa lexislatura; un álbum de fotos de Suárez Picallo no exilio, etc.

O depósito provisional realizouse o 15 de xaneiro de 2010 e nestes momentos se está a tramitar a súa formalización ante a Consellería de Cultura e Turismo.