O Arquivo do Reino de Galicia celebra o Día Internacional dos Arquivos

Data de publicación: 08-06-2012

O Arquivo do Reino de Galicia celebra o Día Internacional dos Arquivos este venres 8 de xuño cunha xornada de portas abertas con visitas guiadas ás dependencias do centro e unha demostración no Laboratorio de restauración do labor que se estar a realizar nel. Completaranse cunha pequena mostra de documentos e libros representativos dos distintos fondos documentais que se custodian no Arquivo.
As citas para as visitas están previstas ás 10.00, 12.30, 17.00 e 19.00 horas