O Arquivo do Reino de Galicia remata a dixitalización das fotografías aéreas do Catastro da riqueza rústica dos anos 50

Data de publicación: 24-04-2013

O proxecto incluíu tamén a dixitalización dos planos de distribución de polígonos e fotografías, as denominadas “pañoletas”, de cada concello.

 

Na actualidade estase a realizar a dixitalización dos planos catastrais de urbana, proceso iniciado con 15 concellos da provincia, dos que xa están rematadas catro: Santiago, A Coruña, Sada e Oleiros.