O Arquivo do Reino de Galicia recibe documentos da Xefatura Comarcal/Local da Falanxe Tradicionalista e das JONS de Ortigueira

Data de publicación: 03-05-2013
O fondo foi depositado no Arquivo do Reino de Galicia pola viúva do último secretario da referida institución, D. Vicente Rogelio Escudero González, e estase a tramitar a formalización da doazón á Xunta de Galicia.
 
O fondo documental, composto por un total de 12 unidades de instalación, comprende fundamentalmente certificacións de boa conduta e pertenza ao Movemento, expedientes persoais, expedientes informativos e correspondencia da institución dende 1936 a 1972.