NOVAS INCORPORACIÓNS DE FONDOS DOCUMENTAIS NO ARQUIVO DO REINO DE GALICIA

1815, maio, 8. A Coruña. Pasaporte concedido a favor de Antonio Saldari polo gobernador e capitán xeneral do Reino de Galicia e subdelegado da Renda de Correos
Data de publicación: 06-11-2013 Data de fin: 31-12-2013
Un conxunto formado por  140 documentos manuscritos e impresos, producidos tanto pola Administración de Correos coma por diferentes autoridades públicas,  todos eles referidos a Galicia, con datas comprendidas entre  1709 e 1899.
 
A documentación comprende: correspondencia, contas, estados de valores de correspondencia, relacións de caudais e efectos de particulares, guías, pasaportes, diarios de navegación, disposicións, etc. No que se refire ao ámbito xeográfico, abarca municipios das catro provincias galegas. Esta achega ven completar outros fondos documentais, como é o caso do Xulgado  de Correos e Camiños e  supón unha importante base documental para completar e coñecer a historia da administración contemporánea, as comunicación e o correo en Galicia nos séculos XVIII e XIX.
 
Atlas de Lázaro Luís, 1563 (Facsímil), publicado por Boreal e Xuntanza en 2006.
A obra consta de dous volumes: o primeiro corresponde á reprodución facsímil do códice conservado na Academia de Ciencias de Lisboa (Serie Azul) e un segundo volume de estudo en dous idiomas (castelán e portugués).  O Atlas está constiuído por dez follas (vinte páxinas) iluminadas con oro e realizado en pergamiño especial do mesmo grosor e tacto que o orixinal de 61,3 x 43,2 cm.
 
No ano 2012 adquiriuse con cargo aos fondos do programa operativo FEDER Galicia 2007-2013, un conxunto de 17 libros e un manuscrito editados entre o século XVI e o XX de temáticas diversas. Destaca neste conxunto  o impreso correspondente á Real Cédula sobre El Auto Gallego, que ten unha importancia fundamental se temos en conta que o Arquivo do Reino de Galicia custodia case a totalidade dos fondos que se conservan da Real Audiencia de Galicia, institución que conformou a orixe do Arquivo.
 
Documentos e impresos adquiridos nos anos 2012 e 2013