Entrega de libros de actas e doutros documentos do Concello de Ribadeo restaurados.

Aspecto do acto de presentación.
Data de publicación: 20-01-2014
O conxunto comprende un total de 37 exemplares e está formado por libros de actas municipais, libros de contas do concello e do Hospital de San Lázaro e por un protocolo notarial e abarcan dende 1536 ata 1840.
 
A entrega foi formalizada polo secretario xeral de Cultura, D. Anxo Lorenzo Suárez, e polo alcalde do Concello de Ribadeo, D. Fernando Suárez Barcia. O acto contou tamén coa presenza dos xefes territoriais de Cultura e Educación na Coruña, D. Indalecio Cabana Leira e o de Lugo, D. José Jesús Ramos Ledo, así como do concelleiro de Medio Ambiente da Coruña, D. Enrique Salvador Sánchez