O Arquivo do Reino de Galicia colabora na exposición “Auga Doce”.

Santa María de Cexo, Santa María (Verea). Plano sobre uso e aproveitamento de augas de rego en Santa María de Cexo. 1848. Sign. Col.Cart. AT30 (RAG 12125/54).
Data de publicación: 26-03-2014
Os documentos do Arquivo do Reino de Galicia ilustran a parte da exposición que se dedica a explorar os problemas legais e xurídicos que xerou o aproveitamento da auga ao longo do tempo, así como a resaltar a importancia que o líquido elemento posuíu sempre en toda clase de procesos económicos, e de forma concreta na fabricación do papel.
 
Como é ben coñecido, a orixe do Arquivo do Reino áchase ligada á Real Audiencia, o tribunal que ata 1834 foi cabeza da organización xudicial de Galicia (subordinada pola súa vez a outros tribunais da Coroa). Este órgano foi substituído pola Audiencia Territorial na data indicada.
 
Cada un dos planos que se amosan formaban parte de cadanseun preito tramitado ante a Real Audiencia (catro deles) ou da Audiencia Territorial (o que resta, datado en 1848) e foron separados dos expedientes orixinais por motivos de conservación.
Documentos do Arquivo do Reino de Galicia na Exposición Auga Doce.