O Arquivo do Reino de Galicia recibe os documentos do antigo Tribunal Regional de Responsabilidades Políticas.

Tribunal Regional de Responsabilidades Políticas. Expediente incoado contra Ricardo Carballo Calero, Gonzalo Torrente Ballester e outros membros do Partido Galeguista. Sig. (prov). TRRP. 184/171.
Data de publicación: 08-05-2014
Este achado, posible grazas á recente creación dunha praza de técnico medio de arquivos no Arquivo Xudicial Territorial da Coruña e a dotación efectiva dunha arquiveira, é transcendente pois ata o momento se descoñecía o destino do fondo daquel tribunal.
Entre os encausados polo Tribunal figuran coñecidos intelectuais ou políticos como Ricardo Carballo Calero, Gonzalo Torrente Ballester ou o gobernador civil da Coruña fusilado polos militares rebeldes en 1936, Francisco Pérez Carballo. Igualmente, Manuel Guzmán Garcia, comerciante amigo de Santiago Casares Quiroga que fora elixido deputado pola provincia da Coruña nas eleccións de 1936. Detido o 27 de xullo, foi xulgado e  condenado co alcalde e o secretario do concello da Coruña, o secretario do Goberno Civil, un funcionario municipal, Francisco Prego, e os líderes socialistas Ramón Maseda e Francisco Mazariegos, acusados de rebelión militar.
 
Xa que logo, ambos os dous fondos documentais, o do Xulgado de Primeira Instancia Número 2 e o do Tribunal Regional de Responsabilidades Políticas, quedan abertos agora a disposición dos investigadores e os cidadáns en xeral.
Portadas de dous expedientes de responsabilidades políticas