XX FEIRA DAS MARABILLAS. 22 A0 27 DE XULLO DE 2014 (A CORUÑA): ACTIVIDADES NO ARQUIVO DO REINO DE GALICIA

Cartaz anunciador das actividades do Arquivo do Reino de Galicia na XX Feira das Marabillas.
Data de publicación: 10-07-2014
ACTIVIDADES:
 
Martes 22 de xullo. Obradoiro de papel: elaboración artesanal de papel
 Horario: 11.30 a 13.00 horas
 
Mércores 23 de xullo. Obradoiro de lectura: Interpretación de documentos medievais
 Horario: 11.30 a 13.30 horas
 
Xoves 24 de xullo. Obradoiro de encadernación. Estrutura cruzada
Horario: 11.30 a 13.30 horas
 
 Lugar de celebración: Arquivo do Reino de Galicia. Xardín de San Carlos nº 1. 15001 A Coruña
Admisión: 18 persoas por obradoiro
Inscricións: 10 ao17 de xullo:  no Arquivo do Reino de Galicia, por teléfono (981 20 92 51 / 20 03 89 ou por correo electrónico [arq.reino.galicia@xunta.es]
Inscrición gratuíta. Persoas maiores de 15 anos.
Selección:
-persoas que non participaran con anterioridade en actividades similares
-orde de inscrición
Deberase cubrir o formulario que acompaña esta noticia cos datos persoais e de contacto. A notificación da selección farase por medio da páxina web do Arquivo do Reino de Galicia e/ou correo electrónico.
As persoas que resulten seleccionadas e non pidan asistir deberán avisar con antelación. A non comunicación deste feito inhabilitará para participar na seguinte actividade que se programe no centro.