Documentos para a historia da Educación: Escuelas Populares Gratuitas. Grupo de San Antonio- Niñas (A Coruña).

[S.d. (Ca. 1940), A Coruña. Rúa Cancela]. Plano da escola femenina San Antonio (Escuelas Populares Gratuitas. A Coruña). DPEduc. Sign. 4216
Data de publicación: 05-09-2014
 
No fondo documental da Delegación Provincial de Educación da Coruña, na agrupación denominada "Estatística sobre os colexios" procedente da Sección de Administración de Primera Enseñanza, atópanse diferentes informes sobre escolas da provincia datados entre os anos 1940 e 1943. Normalmente, estes informes inclúen, ademáis da descrición máis ou menos pormenorizada da escola, un ou varios planos da institución escolar e, tamén, fotografías coma as que ilustran esta nova.
 
As Escuelas Populares Gratuitas nacen en 1891 por iniciativa de don Camilo Rodríguez-Losada y Ozores, coronel de Artillería, coa finalidade de "paliar el abandono de los jóvenes de las familias más necesitadas e impartirles enseñanza,  instruirles en la religión católica y procurarles ropa y alimentos". A primeira escola que se creou estableceuse na rúa Ferrerías, onde subsiste hoxe unha gardería xestionada pola fundación herdeira da que fundou o señor Rodríguez Losada. En anos sucesivos, abríronse novas sección no mesmo edificio e outras escolas en diferentes puntos da cidade. Entre elas, en 1910, esta escola de nenas baixo a advocación de Santo Antonio da rúa Cancela, rexentada polas Irmás da Caridade. O colexio, que tamén impartiu clases de costura/bordado para mulleres adultas, funcionou ata o ano 1969, en que se clausurou debido á diminución do número de alumnas.
Imaxes da Escola femenina San Antonio (Escuelas Populares Gratuitas. A Coruña).