O Samaín no Arquivo do Reino de Galicia

Debuxo nun preito do fondo da Real Audiencia de Galicia: a carapucha dun verdugo? En 1564, outubro, 20/1565, xuño, 2. A Coruña . Preito entre Gaspar Gato, escribán da cidade de Ourense, con Gonzalo Enríquez, mercader, sobre débedas. RAG 681/25.
Data de publicación: 31-10-2014

Pola súa apariencia, estes debuxos evocan esta celebración, aínda que non parecen  ter nada que ver cos asuntos de que tratan os preitos. Así, pois, probablemente non sexan máis que o resultado de momentos de aborrecemento dos escribintes ou oficiais que traballaban nas escribanías de cámara da Audiencia.

Algunhas imaxes evocadoras de obxectos do Samaín.