Fotografías inéditas do bombardeo de Guernica

1937-04-28. Francisco Iglesias Brage. [Gernika-Lumo: ruínas da vila tras o bombardeo]. ARG. I.B. Fot. 1272.
Data de publicación: 05-11-2014
As imaxes identificáronse durante o proceso de descrición do conxunto de fotografías que forma parte do fondo deste aviador ferrolán que se está a realizar no Arquivo.
Son máis de 4.00 tomas, a maior parte en papel, relacionadas na súa gran maioría coas variadas actividades, tanto de tipo militar coma civil que Francisco Iglesias desenvolveu ao longo da súa vida.
 
Así, estas de Guernica corresponden á fase da Guerra en que Iglesias comandou unha escuadrilla de Breguets na fronte do Norte con accións de recoñecemento, fotoplanimetría e bombardeo.
 
Este fondo documental foi adquirido polo Estado no ano 1982 e depositado no Arquivo Histórico Provincial de Pontevedra en 1983. Máis tarde, foi trasladado ao Arquivo do Reino de Galicia en 1992, tras autorizar o Ministerio de Cultura e a Xunta de Galicia a permuta con diversos fondos de partidos e sindicatos pontevedreses incautados durante a Guerra Civil que foran depositados no Arquivo pola Delegación do Goberno en Galicia.

Máis información na base de datos do Arquivo accesible nesta mesma páxina (Fondos).

Tres imaxes de Guernica durante o bombardeo.