Tres impresos dos séculos dos séculos XV, XVI e XVII nun expediente xudicial da Real Audiencia de Galicia.

ORDO recitandi horas canonicas in compostellana...ecclesia...pro anno...1672. Vallis-Oleti: Ex Typographia Ioannis Antolini de Lago, [1672].
Data de publicación: 28-11-2014

 

                      No fondo documental da Real Audiencia de Galicia non é infrecuente atopar impresos. Moitos deles constitúen en por si o vehículo no que se plasma o testemuño de diversos trámites do proceso, como sucedía con certos poderes e outros documentos notariais durante o século XVI, impresos como formularios e logo completados durante a xestión do negocio xudicial. Outros, en cambio, son probass achegadas polas partes para a defensa do seu dereito.

Así ocorreu , por exemplo, cos impresos que se atoparon no preito que enfrontou en 1675 ao Cabido e ao arcebispo de Santiago acerca da impresión dunhas cartillas de rezos para o coro da Catedral.

No folio 53 do preito, o procurador do fiscal eclesiástico do arcebispo presenta una cartilla de festas da diocese impresas en Santiago por Pedro de Nandín en 1596 e outras dúas cartillas de rezos dos anos 1672 e 1673.

O libriño de 1596 contiña ao final outro fragmento de impreso, pegado á cuberta de pergamino como "garda cartón" traseiro. Este fragmento corresponde, segundo Antonio Odriozola, ao "Misal compostelano", impreso no ano 1495.

Das dúas cartillas, a de 1672 foi impresa en Valladolid por Juan Antolínez de Lago. A outra non leva pé de imprenta. Como os outros impresos mencionados, ambas as dúas restauráronse no laboratorio do Arquivo, pero aquí se amosan tal e como aparecían no preito.

A descrición do documento é como segue:

1675, xaneiro, 22/maio, 27. A Coruña. Real Audiencia de Galicia. Preito do Cabido da Catedral de Santiago e don Juan de la Pedraza, chantre dela, co arcebispo don Andrés Girón e o seu fiscal eclesiástico. Auto ordinario sobre componer a cartilla para o rezo. Sign. RAG 355/33.

A do libro de 1596:

 Festa propia diócesis compostellanae decretirs su[m]moru[m] Po[n]tis, statuta, & iussu. D. Ioannis de Sanctcleme[n]te Archiepiscopi Co[m]post. edita : addita svnt omnia sanctorvm officia, qvae extra breviarivum circvmferuntur. - Compostellae : Ex Officina Petri de Nandín, 1596.

 

no folio
                                                                       
 
                                        
 
Así ocu
a
 
 
 
 
Imaxes dos impresos que contén o preito.