Unha MULLER memorable: María Barbeito Cerviño (1880-1970)

[Ca. 1930] [A Coruña]. María Barbeito cos mestres da súa zona de inspección antes de partir para unha viaxe de estudos por León e Castela. Sign.: 5.853-3.
Data de publicación: 12-12-2014
María Barbeito foi mestra e prestou servizo na Escola da Guarda da Coruña desde 1902 a 1936, da que foi directora. Desde 1933, desempeñou por concurso o cargo de inspectora-mestra da zona da Coruña.
Muller emprendedora, promoveu e difundiu diferentes métodos pedagóxicos, como o Montessori ou o “Método de proxectos”, e desenvolveu unha intensa actividade de apoio social, que ela concibía como complemento da súa función educativa. Así, a ela se deberon iniciativas como “El Niño Descalzo”, “La Fiesta de la Flor”, “la Gota de Leche” ou o “Comedor y Ropero da Guarda”.
En 1936, foi depurada, como outros moitos mestres e apartada  da súa escola, impedíndoselle volver a exercer a súa profesión, acusada de “defender los derechos de la mujer, estimular la coeducación en la escuela, reclamar una escuela única y libre de prejuicios clasistas [e] propugnar la educación laica...”