XENEALOXÍA E HERÁLDICA: casa dos Freixomil, casa do Val.

1691, maio, 11. Milán. Armas de la gran casa de Frexomil en Galicia. Sig. RAG. 20314/53; Col.Cart e Icon. RA 7.
Data de publicación: 23-12-2014

Un é o escudo de armas da casa dos Freixomil e corresponde a un preito da Real Audiencia de Galicia:1729/1733. Preito entre o licenciado don Manuel de Hermida e Porras, avogado da Real Audiencia, con don Alejo de Sijas e Pedrosa, sobre paga de dote. Sign.RAG 20314/53.

 
O outro, a árbore xenealóxica [Ca. 1680] da familia dos Palmeiro (que mudaron o seu apelido polo de Varela por mandato do comisario Lope Varela, fundador do vínculo da casa de Val), figura nunha carta executoria de nobreza e fidalguía do fondo documental do Pazo de Pastoriza, adquirido polo Arquivo no ano 2008. Sign. PP 37/22
Escudo de armas e árbore xenealóxica