Un testemuño gráfico do Camiño de Santiago [Camiño inglés] en Cambre.

1733, agosto, 13. San Xulián de Cela (Cambre). Plano da demarcación do lugar de Outeiro na parroquia de San Xulián de Cela/Ignacio de Gracia. Sign: Col.Cart. RA. 127 (RA 9.333/80).
Data de publicación: 12-01-2015

A denominación é significativa porque hoxe en día se considera que o "Camiño francés" é o que entra en Galicia polo Cebreiro e se dirixe a Santiago por Samos, Sarria, Portomarín, Melide, Arzúa... Así que esta mención tería máis ben relación coa variante do denominado "Camiño inglés" que parte da Coruña.

  [Plano da demarcación do lugar de Outeiro na parroquia de San Xulián de Cela] / Ignacio de Gracia.—Sen escala.—[San Xulián de Cela, 13 de agosto de 1733].

1 plano : ms., cor. Tinta e aguada; 31 x 39 cm.
Clave explicativa de letras escrita con tinta vermella.
Debuxa o Camiño Francés que vai para San Xoán de Pravio.
Extraído de: Preito entre Juan Bonifacio de Leis, e agora D. Carlos Cordido, con María Gómez, viúva e consortes sobre reivindicación de bens no lugar de Outeiro, freguesía de San Xulián de Cela.
1631-1734
Está entre o folio 218 e 219. As últimas follas non estaban foliadas.
ARG. Real Audiencia.Escribanía de Figueroa. Leg. 9.333/80
ARG. Colección cartográfica e Iconográfica. RA. 127