Aniversario da batalla de Elviña (A Coruña).

Battle of Corunna. 19--. Colec. Cart. e Icon. Sign. CC. 420.
Data de publicación: 16-01-2015
 As tropas británicas, dirixidas polo tenente xeneral John Moore, quen faleceu das feridas que lle produciu unha bala de canón durante a batalla, viñan perseguidas polas francesas do mariscal Soult e presentaron batalla nas lombas e chairas de Elviña para protexer o seu embarque no porto da Coruña. O combate tivo lugar durante a denominada Guerra da Independencia (1808-1814).
O Arquivo custodia os fondos documentais de diferentes xuntas que se constituíron para encher o baleiro de poder que se produciu en Galicia e España coa invasión francesa, primeiro de forma espontánea e, posteriormente, coordinadas e dirixidas pola Xunta Central ou pola Rexencia. A súa documentación posúe grande interese para o estudo dun período de grande inestabilidade militar e política. Non menor importancia posúen neste sentido outros conxuntos, como o da Real Audiencia de Galicia, onde se conservan procesos abertos ao finalizar a guerra a persoas acusadas de colaborar cos invasores franceses.
 
 
 
Algúns documentos ilustrativos da batalla de Elviña e da Guerra da Independencia.