Automóbiles: estradas e rúas

Ca. 192-? A Coruña: muller e home con uniforme militar diante dun coche (C-143). 1 negativo fotográfico: vidro, br. e n. ; 9,8 x 14,8 cm. ARG. Col. fot. 2743.
Data de publicación: 06-02-2015


 

Cando o número de matrícula está visible, é posible relacionar a toma fotográfica coa serie de “expedientes de matriculación ordinaria de vehículos” que custodia o centro, correspondente ao fondo documental da Xefatura Provincial de Tráfico da Coruña.

 

Así, por exemplo, podemos vincular a imaxe do coche C-2669 co seu correspondente expediente de matriculación e enterarnos de que fóra adquirido no ano 1928. Era da marca “Essex” e importárase a través do porto de Vigo procedente de Bremen. Un ano despois sufriría o accidente que reflicte a fotografía.

 

Outra das imaxes amosa o comezo da rúa Carreira do Conde en Santiago de Compostela entre os anos 1935 e 1945. O coche que se ve de fronte ten a matrícula C-2418.cionar a toma fotográfica coa serie de "expedientes de matriculación ordinaria de vehículos" que custodia o centro, correspondente ao fondo da Xefatura Provincial de Tráfico da Coruña.

Así, por exemplo, podemos vincular a imaxe do coche C-2669 co seu correspondente expediente de matriculación e enterarnos de que foi adquirido no ano 1928. Era da marca "Essex" e importárase a través do porto de Vigo procedente de Bremen. Un ano despois sufriría o accidente que reflicte a fotografía.

Outra das imaxes amosa o comezo da rúa Carreira do Conde en Santiago de Compostela entre os anos 1935 e 1945. O coche que se ve de fronte ten a matrícula C-2418.

Algunhas imaxes de documentos relacionados con automóbiles.