Novo acceso ao catálogo dos documentos cartográficos impresos do Arquivo.

Li Regni di Galizia e Leon delineati sulle ultime osservazio /Gio. Ma. Cassini Somco inc. - Roma: la calcografia Camle, 1794. Col. Cart. MB 24
Data de publicación: 13-02-2015

 

A Colección Cartográfica Martínez Barbeito e outros documentos cartográficos impresos do Arquivo están accesibles agora a través da base de datos de descrición bibliográfica (ver ligazón).

Para poder consultar de forma conxunta todos os documentos desta clase, débese introducir a expresión "documentos cartográficos" na pantalla da base de datos, tal e como amosan as imaxes que xuntamos.

As imaxes dos documentos están accesibles en varios formatos.

Pantallas de acceso aos documentos cartográficos.