FERROCARRIL

ca. 189-? A Coruña: pasaxeiros na estación do Norte. Negativo fot.: vidro, br. e n. ; 11,8 x 8 cm. Sign.: Col.Fot. 5.171.
Data de publicación: 31-03-2015
A primeira, unha das máis antigas coas que conta o Arquivo, amosa a uns viaxeiros na Estación do Norte, na Coruña, na década dos anos de 1890, aproximadamente. A segunda reflicte un apeadeiro na vía arredor do ano 1910. Na terceira, das mesmas datas, un tren pasa por riba dunha ponte en Oza dos Ríos.
Tres imaxes sobre o ferrocarril.