LIBROS

Ioannis Osorii Societatis Iesu Tomus (...) concionum : (...). -- Salmanticae : excudebat Michael Serranus de Vargas, 1591-1593.SCM 250/1, 2,, 3 e 5.
Data de publicación: 23-04-2015
 Na biblioteca auxiliar do Arquivo do Reino de Galicia hai moitos libros de interese, como estes que seleccionamos nunha escolma rápida.
 
A primeira imaxe amosa os "cortes" dianteiros (a parte contraria ao lombo do libro) decorados de varios volumes dunha mesma obra procedente da biblioteca do antigo convento de Santa María de Montefaro. Isto fálanos do costume antigo de colocar os libros nos andéis ao revés de como os colocamos hoxe.
 
A seguinte corresponde á portada dun libro holandés de 1707 que describe España e Portugal, ilustrado con gravados, entre os que inclúe un que representa una procesión de peregrinos en Santiago na páxina 52.
 
As restantes pertencen a un libro inglés que narra a campaña e a ruta do exército británico en Portugal e España en 1808 e 1809.
 

 

Unha pequena escolma de libros da biblioteca auxiliar do Arquivo.