9 de xuño: Día Internacional dos Arquivos no Arquivo do Reino de Galicia.

Data de publicación: 01-06-2015 Data de fin: 09-08-2015
 
ARQUIVO DO REINO DE GALICIA
ACTIVIDADES DIA INTERNACIONAL DOS ARQUIVOS 2015
8 e 9 de xuño de 2015

Con motivo da celebración do Día Internacional dos Arquivos 2015, o Arquivo do  Reino de Galicia ten previsto desenvolver as actividades seguintes

Luns 8 de xuño
     11:00 h. Rolda  de prensa de presentación da publicación sobre a Causa contra Manuel Blanco Romasanta,  o home-lobo.
 
    18:00 – 20.00  h. Obradoiro de papel: acrílicos
        Impartido por Águeda Guardia, restauradora. Laboratorio de restauración del Arquivo do Reino de Galicia.
               
                Obradoiro de encadernación: elaboración de polípticos en acordeón.
 Impartido por M. del Carmen Villalba Caramés. Restauradora artística. Laboratorio de restauración do Arquivo do Reino de Galicia.
 
Martes 9 de xuño
    12:00 – 14.00 h.Obradoiro de encadernación: elaboración de polípticos en acordeón.
                  Obradoiro de papel: acrílicos.
                  Obradoiro de documentos e arquivos: os arquivos familiares e persoais.
                    Impartido por Gabriel Quiroga Barro. Facultativo superior de Arquivos.  Xefe  de sección do  Arquivo do Reino de Galicia.
 
 
Paralelamente realizaranse  visitas guiadas ás instalacións do Arquivo e  á mostra  documental dunha selección de documentos conservados no centro, dirixida por Rosario Torreiro  Martínez, Facultativo superior de arquivos do Arquivo do Reino de Galicia.
Horarios de visitas:
Luns 8 de xuño: 12.30 h
                             17.15 h.
 
 Martes  9 de xuño: 11.15 h
                                   17.00 h.
 


Destinatarios das actividades: público en xeral.
Requisitos: maiores de 18 años.
As prazas  para os obradoiros cubriranse por orde de inscrición ata completar o aforo: máximo 15 persoas por grupo para os obradoiros de encadernación e de documentos; 12 persoas por grupo para os obradoiros de papel.

Selección: por orde de inscrición. Terán preferencia as persoas que non realizaran actividades similares con anterioridade.

Inscricións: Solicitudes dirixidas ao correo do Arquivo do Reino de Galicia
arq.reino.galicia@xunta.es     ou ao número de fax   981 22 70 94
enviando o boletín de inscrición que figura na páxina web do Arquivo.

Prazo de inscrición: Desde as 16.00 horas do luns 1 de xuño ata as 14.00 h. do xoves 4 de xuño.

Para as visitas guiadas non é necesario anotarse. Os interesados/as deberán presentarse no Arquivo ás horas das visitas.

Os listados de asistentes publicaranse na páxina web do Arquivo o  venres 5 de xuño de 2014.
 

 

Cartel do Día Internacional dos Arquivos 2015 no Arquivo do Reino de Galicia.
Ligazóns ao programa e ao boletín de inscrición.