Identificados novos fondos xudiciais da antiga provincia de Betanzos.

Xulgado das vilas de Ferrol e a Graña/Xulgado de Primeira Instancia de Ferrol. O oficio da xustiza de Ferrol sobre o emprego de moeda falsa aprehendida ó presidiario Bernardo Antolín. 1777/1781. Sign. 4976_5.
Data de publicación: 26-06-2015 Data de fin: 31-08-2015

Aínda que a súa organización e descrición non rematou aínda, o volume xa descrito permite facerse unha idea da riqueza documental destes fondos.
 

Non só ingresaron fondos xudiciais das antigas xurisdicións e coutos da provincia de Betanzos que pasaron a formar parte do partido xudicial de Ferrol, senón tamén doutras xurisdicións alleas á ordinaria, como o Xulgado de Guerra e Mariña, a Subdelegación de rendas de Ferrol, ou a Superintendencia da real casa da moeda de Xuvia. Así mesmo, chegaron protocolos e outros documentos notariais pertencentes a uns cen escribáns, que aínda están en proceso, e parte da Contadoría de hipotecas de Ortigueira que pasou ao partido notarial hipotecario de Ferrol.
A medida que se avance traballo, poderase acceder a todas estas descricións

O estado de conservación é bastante bo en xeral, indicándose na descrición de cada unidade documental. Poden presentarse en mal estado algúns preitos procedentes dos xulgados da antiga Xurisdición da Merindade e Marquesado de San Sadurniño ou parte das causas da Subdelegación de rendas de Ferrol.

Pode verse o cadro de clasificación dos fondos identificados no documento que se xunta.

Organizacióne descrición realizada por María de Rosario Torreiro Martínez, técnica superior de arquivos.
 

Un dos expedientes xudiciais descritos.