PORLIER: 200 anos da súa morte

Xunta Superior de Armamento e Defensa do Reino de Galicia. Oficio do brigadier Juan Díaz Porlier, ao mando da [5ª] División [do IV Exército], á Xunta Superior de Galicia para que socorra ás súas tropas con camisas e zapatos. 1810, xullo, 23. A Coruña.
Data de publicación: 01-10-2015 Data de fin: 01-12-2015

Porlier distinguírase durante a Guerra da Independencia, no trancurso do cal ascendera a xeneral.
Os documentos que presentamos proceden do fondo da Xu...nta de Armamento e Defensa do Reino de Galicia, institución constituída durante a Guerra da Independencia para loitar contra os franceses. Son unha petición de Porlier, que daquela estaba ao mando da 5ª División do IV Exército que operaba no norte de España, de camisas e zapatos para as súas tropas, e a contestación da Xunta.
Xuntamos ademais dúas imaxes dos lugares onde Porlier estivo preso: o Castelo de San Antón e o cárcere real da Coruña, neste caso no momento de ser derrubado no ano 1928.
Di Porlier: “Los trabajos incesantes de las tropas de mi División la han reducido a un estado de desnudez e imposibilidad de regresar a Asturias sin ser socorridas en los artículos alomenos de camisas y zapatos en número de mil pares de estos, pues con los reclutas que [he] hecho en Santoña y los soldados de servicio se compone el equivalente en el número de hombres al de el pedido que he insinuado…”
Á marxe, hai unha dilixencia coa contestación da Xunta, que se amosa tamén na minuta do oficio de contestación: “Urgente. Se le conteste que se oficia al intendente para que le socorra con los zapatos y camisas que solicita, y que la Junta verá si puede subministrarle algunos uniformes, pero que diga cuántos necesita…”

Documentos relacionados con Porlier e imaxes dos lugares onde estivo preso.