VISITAS GUIADAS

Colección fotográfica. Ferrol: Cantón de Molíns]. Ca. 1910-1915. Sign. 1.287.
Data de publicación: 03-11-2015 Data de fin: 03-01-2016

A partir do mércores 4 de novembro, inícianse as visitas guiadas ao edificio do Xardín de San Carlos.

A partir das 18:00 h., e durante unha hora e media, aproximadamente, a visita, que correrá a cargo dunha das arquiveiras do centro, percorrerá diversos espazos e instalacións do Arquivo. Os asistentes poderán contemplar ademáis unha mostra representativa dos documentos que custodia e coñecer de primeira man as funcións que ten encomendadas e as actividades que realiza con tal fin.

Os interesados deben anotarse na lista aberta para o efecto enviando un correo electrónico do Arquivo (arq.reino.galicia@xunta.es).

Tres imaxes de Ferrol