A CORUÑA: proxecto de edificio para oficina no porto (1879).

Proyecto de edificio para oficinas / realizado para la Junta de Obras del Puerto de La Coruña por...Alfredo Álvares Cascos. Figura 1. Plano general. Sign. 21.305/8
Data de publicación: 15-12-2015 Data de fin: 31-03-2016
Sendo todos de grande interese, é destacable o primeiro, que amosa a situación do edificio, ao carón do peirao de ferro e do lugar onde se erixiría o Teatro-Circo Emilia Pardo Bazán (e tamén do Rosalía), e a disposición e grao de construción da fronte do porto naquela altura. Lembremos que desde a súa constitución no ano 1877, a Xunta de Obras impulsou a extensión da construción do porto, iniciada en 1860. O proxecto ten a signatura 21.305/5 e conforma, xunto con outros sete, o pequeno fondo documental daquel enxeñeiro, que ingresou no Arquivo no ano 1998.
Algúns planos incluídos no proxecto.