SENTENZAS

ARG. Colección de documentos en pergamiño. Sentenza arbitral ditada polo abade do mosteiro de Santa María de Ferreira de Pallares no preito do abade e mosteiro de Santa María de Sobrado co prior do de San Xulián de Xunqueira de Espadañedo, o abade de San Xoán de Montederramo e o comendador da Batundeira, sobre o repartimento do subsidio en Santa Baia de Banga e San Mamede de Librán. 1428, xullo, 5. Mosteiro de Pallares. Sign. 360.
Data de publicación: 28-03-2016 Data de fin: 30-04-2016
En realidade, estes xuíces non facían senón recuperar os usos lingüísticos xudiciais vixentes en Galicia ate fins do século XV, momento da creación da Real Audiencia de Galicia pola Coroa Castelá. Velaquí como mostra unha sentenza arbitral ditada o 5 de xullo de 1428 por don Aras, abade do mosteiro de Santa María de Pallares, no preito que enfrontaba o mosteiro de Santa María de Sobrado co prior do de San Xulián de Xunqueira de Espadañedo, o abade de San Xoán de Montederramo e o comendador da Batundeira sobre o repartimento do tributo do subsidio en Santa Baia de Banga e San Mamede de Librán. Está escrito en galego sobre pergamiño, en letra gótica precortesá. Ten a signatura 360 da Colección de documentos en pergamiño do Arquivo. Pódese ver a descrición en contexto na base de datos de descrición de fondos do Arquivo, nesta mesma páxina.