O Día Internacional dos Arquivos no Arquivo do Reino de Galicia

Exemplo dun tarxeteiro como o que se elaborará no obradoiro de encadernación.
Data de publicación: 03-06-2016 Data de fin: 03-07-2016

Xuntamos o programa completo dos diferentes obradoiros e das visitas guiadas que se desenvolverán en sesións de mañá e de tarde.

Haberá obradoiros de pergamiño (elaboración de marcapáxinas con letras iluminadas), obradoiro de encadernación (elaboración de tarxeteiros) e obradoiro de documentos e arquivos (aproximación á lectura de documentos: letras humanística e procesal e os arquivos familiares e persoais).

Observacións: 15 persoas por obradoiro.

A selección farase por orde de chegada das solicitudes

As persoas interesadas deben cubrir o formulario de inscrición e remitilo ao correo : arq. reino.galicia @ xunta.es ou a nº de fax: 881 960 3