Feira das Marabillas 2016 (A Coruña)

Cartaz das actividades do Arquivo do Reino de Galicia durante a Feira das Marabillas 2016
Data de publicación: 05-07-2016 Data de fin: 30-09-2016

Durante a celebración da Feira das Marabillas 2016 na cidade vella da Coruña, o Arquivo do Reino de Galicia realizará as seguintes actividades os días 20, 21 e 22 de xullo:

  Mércores 20 Xoves 21 Venres 22
De 11.00 a 13.30 h.  

Obradoiros adultos (maiores de 15 anos):

  • Lectura de documentos medievais
  • Iluminación de iniciais sobre pergamiño
  • Encadernación copta

Obradoiro infantil (nenos entre 7 e 14 anos):

  • Elaboración dun caderno con letras e decoracións medievais
De 16.30 a 19.00 h.

Obradoiros adultos (maiores de 15 anos):

  • Lectura de documentos medievais
  • Iluminación de iniciais sobre pergamiño
  • Encadernación copta
   

Gratuítas. Inscricións: arq.reino.galicia@xunta.gal / Telef.:  881 960 360/ Fax: 881 960 374