Arquivo Xeral e Público de Galicia: aniversario

Arquivo do Reino de Galicia. Real Audiencia de Galicia. Preito de Jacobo María Becerra con don Antonio Máximo Vaamonde, sobre paga de marabedís. 1800-1802. Sign.19.117/30
Data de publicación: 20-10-2016 Data de fin: 31-12-2016

Nun preito entre descendentes do escribán do "Archivo General y Público de Galicia", o Arquivo do Reino de Galicia, dos anos 1800 e 1802, sobre débedas impagadas ao arquivo polo escribán Antonio Sánchez Vaamonde, atopamos as contas de gastos do centro durante os primeiros anos da súa existencia.

Revelan múltiples detalles sobre o traballo de organización ("arreglo"), descrición e instalación do arquivo, as compras de material corrente, os investimentos, o persoal permanente e eventual, a fabricación de tinta e de mazos...