Monfero e Guitiriz

Arquivo do Reino de Galicia. Colección fotográfica. Monfero: vista das ruínas e fachada principal. Ca. 1920-1930. Sign.2.473
Data de publicación: 02-12-2016 Data de fin: 28-02-2018

Existen no arquivo máis documentos sobre Labrada? Unha consulta na base de datos Galiciana. Arquivo Dixital de Galicia permítenos ver que si. Por exemplo, o privilexio polo que o rei Fernando II de León acouta ou delimita para o mosteiro as vilas de Buriz e Labrada no ano 1177. Aquí comezaría todo. E precisamente sobre os marcos de Labrada litigaría o mosteiro trescentos anos despois, como amosa o outro documento en pergamiño que ofrecemos.
No século XIX, os decretos de exclaustración e desamortización significarán a desaparición do mosteiro como institución e o seu abandono, plasmado nesa fotografía da década dos anos de 1920-1930.

Documentos sobre Monfero e Labrada (Guitiriz)