Ópera

Arquivo do Reino de Galicia. Colección fotográfica. París: Opera / Jules Richard?. Ca. 1904. 1 fot. estereoscópica posit. : vidro, br. e n. ; 4,5 x 11 cm. Recortada. Sign. 1.368
Data de publicación: 09-01-2017 Data de fin: 31-03-2017

Datados entre os anos 1779 a 1799, corresponden a impago de débedas, escándalo público ou outros incidentes máis ou menos cruentos.

A procedencia destes artistas era habitualmente foránea: de Italia ou de Portugal, pero tamén os había con apelido español, como un “Francisco de Paula Lima”.

Sen dúbida, un dos máis interesantes expedientes, que adoitan ser moi breves, é o que se tramitou contra Miguel Liberato Bolonia ou, como asina el, cunha letra moi coidada, “Michela Liberati Bologna”, “uno de los operantes de la compañía que se halla representando en el coliseo de esta plaza”.

Acusado de impago por don Luis Seoane Fontao, veciño e do comercio de Ferrol, por “géneros que para la decencia de su persona” lle subministrara, Bologna vese obrigado a dicir que saldará a súa débeda axiña “luego que tome unos veinte quatro duros de casa del señor marqués de San Saturnino a que ascenderá un forte piano que le está componiendo...”

Así, uns días depois, entrega a metade da débeda, que ascendía a 247 reás, e deixa en prenda pola outra parte un clave e por fiador ao “autor de la ópera”.

O expediente ten a signatura 5.054/15.

A imaxe estereoscópica corresponde á ópera de Paris. Atribúese a Jules Richard. A data probable é 1904. Ten a signatura 1.368 da Colección fotográfica do arquivo.

Causa por impago contra Miguel Liberato Bolonia