Exploradores (a noticia do mes)

Arquivo do Reino de Galicia. Francico Iglesias Brage. Indios tucanos. - [193?]. Positivo: papel, br. e n. ; 11,7 x 17 cm. Sign. IB 1.508.
Data de publicación: 09-05-2017 Data de fin: 31-07-2017

 

Antes ca el, outras expedicións, e nomeadamente a que Alexander von Humboldt realizara a Sudamérica a fins do século XVIII e principios do século XIX, tiveron a mesma finalidade, incluso máis ampla. Como tamén científicos foron os obxectivos da expedición que Francisco Iglesias Brage planeou nos primeiros anos da década de 1930 ao Amazonas, que logrou concitar o apoio da República española.

O galego Graña foi un contacto fundamental para Iglesias na etapa de preparación da expedición ao Amazonas, pois levaba anos asentado na zona, coñecía ben a selva tiña gran ascendente sobre os indios. Unha parte das fotografías da Amazonía que se conservan no fondo proceden del ou de Mosquera, outro galego, libreiro asentado en Iquitos.

Iglesias xa tiña daquela un gran prestixio como aviador, gañado grazas ao voo transoceánico do "Jesús del Gran Poder" e outras aventuras aéreas. Isto tamén foi fundamental para conseguir interesar na expedición a diversos organismos e gobernos sudamericanos de Perú, Colombia, Ecuador e Brasil, así como españois (Sociedade Xeográfica, Instituto Xeográfico e Estatístico, Servizo de Hidrografía da Mariña, Museo Nacional de Ciencias Nacional, Servizo Meteorolóxico Nacional...).

A expedición non chegou a realizarse, pero no Arquivo do Reino de Galicia consérvanse os documentos que Iglesias compilou e produciu durante o proxecto.

Outras expedicións á rexión amazónica desenvolvidas especialmente durante o último cuarto do século XIX e primeiras décadas do XX, tiveron un matiz marcadamente económico, ligado á explotación dos inmensos recursos naturais da rexión e nomeadamente o caucho. Explotación que se estendeu ás poboacións indíxenas, que sufriron o xenocidio e a escravitude.

Amosamos algúns documentos do fondo documental de Iglesias Brage: un mapa sen escala da conca do río Amazonas e diversas fotografías.

 

Algunhas imaxes do fondo documental de Francisco Iglesias Brage.