Unha carteira singular

Arquivo do Reino de Galicia. Real Audiencia de Galicia. Carteira de pergamiño e documentos intervidos a Bernardo Salmonte, acusado de falsificación, no momento da súa detención. 1748. Sign. 8.671/22
Data de publicación: 06-07-2017 Data de fin: 31-10-2017

Efectivamente, a carteira estaba feita a partir dunha folla de códice medieval (un libro litúrxico), con pauta musical, cosida por dous dos seus lados.

No envoltorio atopáronse – ademais doutros sinalados no texto e que xa non están-  os seguintes documentos:

 “quatro oxas de un pornóstico, un romance escritto deformado con su forra cosido y principia Respuesta de un cortesano a un patán, un cuaderno manoscripto en dies oxas de aottavo pliego y principia Disposición que se ha tenido en la conduzión del cadáver de la Reina difunta Dª María Bárbara dende Aranjuez hasta el convento de las Salesas en donde se mandó enterrar”.

 

-          As follas do “pornóstico” son follas dun calendario de febreiro a outubro ,no que se sinalan as fases da lúa e o santoral. (4 follas impresas ; 16 x 9 cm.)

 

-          A “Respuesta de un cortesano a un patán” é un escrito en tono satírico no que se critica a política fiscal da coroa. (4 folla impresas ; 21 x 14 cm. Deste impreso existe un exemplar polo menos na Biblioteca Nacional de España.

 

-          A “Disposición…” é un manuscrito de 9 follas de 17 x 10 cm.

 

Estes documentos forman parte dun incidente criminal tramitado na Real Audiencia de Galicia no preito entre Bartolomé González, como marido de Ana María Tizón, e José Vázquez do Curro con Manuel de Ben e outros sobre posesión e partilla dos bens de don Antonio Tizón e María Salgado de Rivera.

Os documentos están a ser restaurados no laboratorio do Arquivo e logo conservaranse na forma en que apareceron no expediente xudicial, pero de xeito que se poidan ler con comodidade.

A reportaxe fotográfica amosa a secuencia en que aparecen colocados os documentos no preito.

 

 

 

 


 

 

 

Algunhas imaxes da carteira e dos documentos que contiña.