Xunta Superior de Galicia

Arquivo do Reino de Galicia. Xunta Superior de Subsidios, Armamento e Defensa do Reino de Galicia. Libro de actas de la Junta Superior Provincial del Reyno de Galicia desde su instalación en 22 de enero 1810 hasta el 31 de mayo siguiente. 1810. Sign.:5.334-1
Data de publicación: 12-09-2017 Data de fin: 31-12-2017

Estes documentos son rexistros das reunión celebradas por aqueles organismos públicos entre 1810 e 1813 e durantes algúns meses de 1820, e constitúen unha parte, desaparecida en data incerta, dos fondos documentais da Xunta Superior e da Deputación de Galicia que xa custodiaba o Arquivo. Consíguese así recuperar para uso e desfrute públicos uns documentos de grande interese para a historia de Galicia.

Estes libros de actas incluíanse no conxunto da biblioteca que a familia Baltar, herdeiros de don Ramón Baltar Domínguez, de Santiago de Compostela, doou ao Museo do Pobo Galego no ano 2005. A sensibilidade, sabiduría e xenerosidade, tanto do persoal da biblioteca do Museo e da súa Dirección e Xunta Rectora coma da propia familia Baltar, fixo posible a súa entrega ao Arquivo, que é o centro ao que corresponde legalmente a súa custodia.

Con este acto conclúe un capítulo máis dunha azarosa historia que comezou coa doazón doutra parte deste conxunto, a que fixo Andrés Martínez Salazar ao Arquivo do Reino no  ano 1897, quen a atopara nun "almacén de víveres" da rúa de Panaderas da cidade da Coruña, en 1875.

Os documentos xa están instalados no Arquivo e foron dixitalizados e descritos.  Pódense consultar na base de datos Galiciana. Arquivo Dixital de Galicia, nas  ligazóns que constan a continuación:

 

Algunhas imaxes representativas