Exposición virtual Xustiza e Patrimonio: o caso do Marqués de Valladares

Portada da exposición virtual Xustiza e patrimonio: o caso do marqués de Valladares
Data de publicación: 16-11-2017 Data de fin: 28-02-2018

 Reúne diversos documentos de carácter bibliográfico e arquivístico (textuais, gráficos e audiovisuais) pertencentes aos fondos e colección do Arquivo do Reino de Galicia arredor do famoso caso do Marqués de Valladares.

O Marqués foi asasinado a mediados do século XVIII, un crime que conmocionou Galicia e que deu lugar á publicación de diversos libros relacionados coa tramitación do seu proceso xudicial. É un paradoxo pero aquel proceso non se conserva. A memoria oficial dos arquivos cedeu así ante a memoria publicada, veciña habitual das bibliotecas. Un caso apropiado para reflexionarmos arredor da idea da unidade do patrimonio cultural e das múltiples facetas que presenta. 

 A exposición preséntase en formato pdf. Ao premer en cada unha das imaxes, accederemos ao contexto do documento en Galiciana. Arquivo Dixital de Galicia