Territorio

Arquivo do Reino de Galicia. Real Intendencia de Galicia. Catastro de Ensenada. Libro interrogatorio de Santa Cruz de Moeche (A Coruña). 1752. Sign. 46.088/2-1829
Data de publicación: 22-12-2017 Data de fin: 31-03-2018

Corresponde á descrición do territorio da parroquia de Santa Cruz de Moeche (Moeche, a Coruña) que figura no "Libro de respostas xerais ao Interrogatorio" do Catastro de Ensenada (1752). Amosa como estaba dividida en tres distintas xurisdicións (de carácter administrativo e xudicial), cada unha de diferente titularidade: a de Meroi ("que es del conde de Maceda"), a de San Sadurniño, "llamada de Cabalar" ("que es del marqués de San Saturnino") e a de Moeche, da que era titular a condesa de Lemos.

Así comeza a descrición do territorio da parroquia: "Al capítulo tercero dijeron que el término de la enunciada feligresía tendrá de distancia de L[este] a P[oniente] más de tres quartos de legua; y de N a S una legua y la quarta parte de otra, y de circunferencia, dos leguas y tres quartas partes de otra.

"Por lo desigual y recobecos que encierra para caminarla, se nezesitarán quatro oras a paso regular..."

Os libros de respostas xerais contestaban ao "interrogatorio" impreso sobre diversos aspectos da entidade territorial catastrada (parroquia, couto, xurisdición...). A Información que ofrecen, complementada coa dos outros libros e documentos que constitúen o catastro de cada unha delas, é de grande interese para coñecermos a sociedade e a economía de Galicia a mediados do século XVIII.

O libro interrogatorio da parroquia de Santa Cruz de Moeche pertence ao fondo da Real Intendencia de Galicia e ten a signatura 46.008/2-1829 (http://arquivo.galiciana.gal/arpadw…/…/consulta/registro.do…).

Catastro de Ensenada. Santa Cruz de Moeche (A Coruña). Libro de respostas xerais ao Interrogatorio.