Códice

Arquivo do Reino de Galicia. Colección de fragmentos de códices e impresos. Fragmento de códice litúrxico. S.XII-XIII, folla 2r e 1v. Sign. CI-46
Data de publicación: 18-01-2018 Data de fin: 18-01-2018

 

Usouse como cuberta protectora (está escrito en pergamiño) dun caderniño en papel que contén "unha pesquisa" das propiedades da parroquia de Dexo realizada no ano 1462 e que foi presentada como proba documental no expediente.

 

Os expedientes de apeo facíanse para pedir a delimitación dos lindeiros dunha propiedade e foron relativamente abundantes no século XVI. Normalmente incluían numerosas declaracións de testemuñas "vedrañas" (vellas) e a achega de documentos antigos que daban fe da existencia de títulos de propiedade e da extensión e lindeiros das terras.

 

As follas reutilizadas deste códice pertencen a un libro litúrxico (misal, breviario...) e inclúen fragmentos dos evanxeos de Lucas (16, versículos 19-31: parábola do rico e o pobre Lázaro) e de Xoán (3, versículos 1-15: conversa de Xesús e Nicodemo), ademais de cánticos con notación musical: "Ego dixi: Domine miserere mei..."

 

O fragmento de códice ten a signatura CI-46. O expediente de apeo é o número 19.904/6 do fondo da Real Audiencia de Galicia.

Imaxes