A ponte de Toreno e Monforte

Arquivo do Reino de Galicia. Real Intendencia de Galicia. Expediente de pago do concello de Monforte de Lemos e a súa xurisdicción da ponte de Toreno sobre o río Sil. 1763. Sign. 46.533/88
Data de publicación: 06-02-2018 Data de fin: 31-07-2018

 Coa creación das Intendencias a mediados do século XVIII, correspondeu realizar estas funcións a estes organismos da administración borbónica.

Os "repartimentos" podían incluír territorios moi distantes da obra que se pretendía executar, como é o caso da ponte de Toreno sobre o río Sil, no Bierzo, para o que se realizaron polo menos dous repartimentos no Reino de Galicia.

O documento que amosamos é precisamente unha relación das cantidades (en marabedís) repartidas entre diversas entidades de Galicia no ano 1763 para a reparación daquela ponte. Procede do fondo documental da Real Intendencia de Galicia e corresponde ao expediente de pago das cantidades que achegou o concello de Monforte de Lemos e a súa xurisdición para tal efecto. Ten a signatura 46.533/68

Con esta información queremos colaborar á conmemoración do "Ano Europeo do Patrimonio Cultural" impulsada pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria ao abeiro do mandato do Parlamento de Galicia.

Así, na liña da programación establecida, cada mes dedicaremos polo menos unha noticia a un aspecto concreto do patrimonio cultural de Galicia. Durante o mes de febreiro o tema seleccionado pola Consellería foi a Ribeira Sacra.