Cortegada

Colección de postais. Vilagarcía de Arousa : Isla de Cortegada. Ca. 1930. Sign. 1.517
Data de publicación: 06-04-2018 Data de fin: 30-06-2018

  Por el, o arcebispo Xelmírez confirma a independencia e autoridade do mosteiro, así como da igrexa de Santa María da Corticela, o cobramento do terzo do dezmo do Xiro e a posesión sobre a illa de Cortegada e de varias igrexas, xunto coas súas rendas, vilas, coutos e vasalos: San Xurxo de Vea, San Vicente do Grove, Santa Baia de Arealonga, San Cristovo de Xavestre, Santa Cristina de Campaña e outras.

A comezos do século XVII, o mosteiro pleiteou na Real Audiencia de Galicia para recuperar a propiedade da illa, ocupada por Bartolomé Calvo e outros.

A postal que amosamos está datada na década dos anos de 1930. Ten a signatura 1.517 da Colección de postais. O documento medieval é o número 1.183 da Colección de documentos en pergamiño. Está escrito en letra visigótica.

O preito da Real Audiencia ten a signatura 1.437/44 deste fondo documental.

Esta noticia forma parte do programa de celebración do Ano Europeo do Patrimonio Cultural que realiza a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria por mandato do Parlamento de Galicia.