Día Internacional dos Arquivos 2018. Construír, demoler, conservar: o urbanismo a través dos arquivos

Día Internacional dos Arquivos 2018. Construír, demoler, conservar: o urbanismo a través dos arquivos
Data de publicación: 25-05-2018 Data de fin: 31-07-2018

Os arquivos rexistran estes procesos e ao mesmo tempo son eles mesmos materia de conservación e destrución. Son testemuño, memoria, patrimonio, pero tamén refugallos ou subprodutos da Administración e do poder que é preciso expurgar para evitar precisamente a súa parálise.

Con motivo do Día Internacional dos Arquivos, difundido este ano baixo o lema “Arquivos, gobernanza, memoria, patrimonio”, esta exposición busca recrear esa dialéctica da sociedade e da vida a través da observación concreta dalgúns testemuños de actividades relacionadas coa evolución urbanística das nosas cidades.

Da man dalgúns expedientes de diversos organismos públicos competentes en materia urbanística conservados no Arquivo do Reino de Galicia asistiremos a eses procesos de construción, destrución e memoria que forman parte intrínseca do noso ser máis profundo.

Arquivo do Reino de Galicia. Día Internacional dos Arquivos. Cartaz de actividades