Cambre e Ángel del Castillo

Arquivo do Reino de Galicia. Ángel del Castillo. Ábsidas da Igrexa de Santa María de Cambre. 1956?. Sign: 16.702/6-14
Data de publicación: 29-05-2018 Data de fin: 31-07-2018

 O seu arquivo persoal , formado por apuntamentos para estudo de monumentos, notas, recortes de prensa, correspondencia, biografías e reseñas literarias, transcricións de documentos, fotografías... posúe un grande interese. Por unha banda, ilumina un método de traballo rigoroso e meticuloso; por outra, ten valor en por si, pois ofrece información relevante sobre moitos monumentos e temas que espertaron a súa curiosidade científica.

 
Por desgraza, tralo seu falecemento no ano  1961, dividiuse entre os seu herdeiros e remataría por dispersarse, a través de diversos comerciantes de documentos e antigüidades, entre diversas institucións: Arquivo Municipal da Coruña, Real Academia Galega, Servizo de Documentación e Arquivo da Universidade da Coruña, Arquivo do Reino de Galicia...
 
Neste último, custódianse 8 unidades de instalación, a maior parte con documentos relacionados coas súas investigacións.
Unhas notas relacionadas coa igrexa románica de Santa María de Cambre ilustran acerca da forma de traballar que tiña. Reúnen:
 
1. Unha transcrición dun documento do século X no que Gutier e Aloito doan ao mosteiro de San Paio de Antealtares o mosteiro de Santa María de Cambre, con tódolos seus bens e igrexas, que edificara e dotara o seu avó Aloito e as súas irmás Vistiverga, Urraca e Odroacia. A copia deste documento, do século XIII, consérvase no Arquivo, na Colección de documentos en pergamiño.
 
2. Unhas notas sobre a visita a Cambre que efectuou no ano 1956, redactadas a posteriori, acompañadas de fotografías da visita e de copias de inscricións tomadas in situ:
 
“Mi visita a Cambre, a ver qué se hizo allí
 
 “Recubrieron de enlucido los plementos de las capillas de la girola, e hízose falsa cúpula, con cupulín-palomar.
 
Se rebajó el piso de la girola y capillas, entre unos 0,23 a 0,33 ms., poco más o menos. Ello dejó al descubierto el corrido basamento, en forma de asiento con sus hoces  en la arista, basamento que en su origen debió tener la línea de la girola “envuelta” (exterior del ábside-presbiterio); la línea exterior de la girola traza en planta su pentágono.
 
Se conservan cruces de consagración (deben serlo) las que hay en las columnas (diversas) de la girola y naves, como consagrada después de hecha la girola; su forma [cruz] (brazo inferior algo mayor).
 
Los sillares de las naves parecen de otra piedra y corte que en la girola; los pilares siempre de grano grueso; las columnas, capiteles, etc, incluso de la portada principal, de grano más fino y piedra más blanca...”
 
O documento medieval ten a signatura 47 da Colección de documentos en pergamiño. As notas, debuxos e fotografías pertencen ao fondo de Ángel del Castillo, números 16.704 (notas) e 16.702 (debuxos e fotografías).
 
Esta información forma parte das actividades que realiza a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria para celebrar o Ano Europeo do Patrimonio, de acordo co mandato do Parlamento de Galicia.