Construír, demoler, conservar: o urbanismo a través dos Arquivos

Cartaz da exposición Construír, demoler, conservar: o urbanismo a través dos Arquivos
Data de publicación: 08-06-2018 Data de fin: 31-12-2018

Os arquivos rexistran estes procesos pero eles mesmos son materia de conservación e destrución. Son memoria e patrimonio, pero tamén refugallos da Administración que é preciso destruír para evitar a súa parálise.

Con motivo do Día Internacional dos Arquivos, esta exposición recrea esa dialéctica da sociedade a través da observación dalgúns testemuños de actividades urbanísticas das nosas cidades.

Da man dos documentos asistiremos a eses procesos de construción, destrución e memoria que forman parte intrínseca do noso ser máis profundo.