Santiago

Arquivo do Reino de Galicia. Colección cartográfica e iconográfica. St. Jacques de Compostelle = Santiago. París : Furne, 18--?. Sign.: CC. 478
Data de publicación: 26-06-2018 Data de fin: 31-08-2018

Abrimos cunha litografía francesa de comezos do século XIX que amosa unha vista, hoxe clásica na fotografía de Santiago, tomada quizais desde a carballeira de Santa Susana, nun momento anterior á construción da Alameda e do paseo da Ferradura.

Convidamos aos lectores a poñerse en situación coa consulta do "Plano de la ciudad de Santiago" de Juan López Freire do ano 1796.

Poden contrastar esta visión coa que figura no plano que ofrecía en 1886 a "Guía histórica, arqueológica y militar de la antigua capital de Galicia, Santiago de Compostela", impreso por J.M. Paredes.

E completamos todo con dúas imaxes fotográficas de puntos concretos e moi coñecidos da cidade.

O gravado e os planos proceden da Colección cartográfica e iconográfica e teñen as signaturas CC 478 e MB 151 e MB 152, respectivamente. As fotografías forman parte da Colección fotográfica. Levan os números 2.562 e 3.381.