Catastro

Arquivo do Reino de Galicia. Catastro de Ensenada. Libro real de leigos da cidade de Betanzos. 1751. Sign.: 45.860/419
Data de publicación: 12-09-2018 Data de fin: 31-12-2018

 Libros coma este que amosamos, correspondente á cidade de Betanzos. Relaciona, veciño por veciños, todos os bens raíces e rendas e avalía a riqueza existente na cidade no ano 1751.

Podemos entender a súa utilidade como fonte de investigación histórica se poñemos en relación esta enquisa estatística (dunha época na que apenas había estatísticas) con outros documentos coetáneos. Documentos como a executoria de fidalguía de don Andrés  Ferro de Castro Barreiro, veciño da parroquia de Santa María de Castrofeito, no actual Concello do Pino (A Coruña), gañada na Chancelería de Valladolid no ano 1779, e que forma parte do fondo documental do Pazo de Bieite.

A consulta dos libros do Catastro de Ensenada da parroquia de Castrofeito do ano 1753 permítenos coñecer a existencia dun don Jacobo Ferro, probable antepasado ou parente do que gañou a executoria en Valladolid, e facernos unha idea precisa sobre a súa posición económica e social ao compararmos a súa riqueza coa dos seus veciños.

Acompañamos estas imaxes dunha relación dos documentos do Catastro de Ensenada que xa están accesibles en Galiciana. Arquivo Dixital de Galicia.