Farois

Arquivo do Reino de Galicia. Xefe Político Superior de Galicia. Oficio do xefe político ao concello da Coruña para que se estableza na cidade o alumeado público. 1813, agosto, 1 a 1813, agosto, 3. A Coruña. Sign.: 39978 197
Data de publicación: 15-10-2018 Data de fin: 31-12-2018

Pero ademais, os novos documentos “nacidos dixitais”, os que xa produce a Administración electrónica ou son o resultado da pura creación, constitúen o patrimonio do futuro.

Polo momento, este Arquivo só custodia, trata e difunde obxectos dixitais obtidos a partir dos seus fondos físicos. Pero tamén algúns outros doados por persoas que conservan no seu poder os orixinais físicos.

Neste mes, dedicaremos algún espazo a difundir os plans de dixitalización que desenvolve o Arquivo, en coordinación coa Subdirección Xeral de Arquivos da Xunta de Galicia. Celebramos así un mes máis o Ano Europeo do Patrimonio Dixital.

Comezaremos hoxe, por exemplo, co fondo do Xefe Político de Galicia, da época da Guerra da Independencia, antecedente do gobernador civil e do actual subdelegado do Goberno.

Un órgano creado pola Constitución de Cádiz para controlar a orde pública, organizar e dirixir a Administración local e fomentar a economía das provincias.

Velaquí un exemplo destas competencias: un oficio que dirixe o xefe político ao Concello da Coruña en 1813 para que se estableza na cidade o alumado público.

Di así:

“Estando a cargo de los Ayuntamientos según la Constitución la policía de comodidad de los pueblos respectivos, no puedo menos de desear que vuestra señoría dé el egemplo en éste [Pueblo=riscado], que por ser la residencia de todas las primeras autoridades de la Provincia, por concurrir a é con mucha frequencia forasteros, y áun estrangeros en gran número, por tener un comercio de notable consideración, y por otros mil respetos, no parece regular carezca de alumbrado, por lo menos en todas aquellas calles que por las noches son frequentadas.

El haberse construido hace ya mucho tiempo los faroles, según por público he llegado a saber, es un auxilio que disminuirá en gran parte las dificultades que para realizar este público beneficio podrían ocurrir a ese Ayuntamiento, al qual es de mi obligación insinuar la importancia, y aún la necesidad de que para ponerlo en planta dé quanto antes las disposiciones convenientes, por lo que importa a la seguridad de los habitantes, y aún al brillo que corresponde a la capital de la Provincia.”

Dous días despois, o Concello responde que “ofrece a vuestra ilustrísima que meditará sobre el asunto con la debida detención y que del resultado dará aviso… con la posible brevedad”.

Este documento ten a signatura 39.978/197. Áchase accesible en Galiciana. Arquivo Dixital de Galicia, coa seguinte ligazón: http://arquivo.galiciana.gal/…/es.…/gl/consulta/registro.do…