Territorio

Arquivo do Reino de Galicia. Real Audiencia de Galicia. [Plano de la chousa, nabal y huerta nombrada Fuente de Teixín, en la feligresía de Santa María de los Ángeles] / Juan Antonio Mendoza, Miguel Rodríguez de Coto, peritos ; Domingo Antonio Suárez de Boado, pintor. 1766. Sign. RA. 90
Data de publicación: 22-10-2018 Data de fin: 31-12-2018

Podemos ver en primeiro lugar a representación que figura no famoso plano de Galicia de Domingo Fontán (1845). Despois, un plano de terras na parroquia de Santa María dos Ánxeles de Melide do ano 1766 do fondo documental da Real Audiencia de Galicia; algúns folios do libro real de leigos desa mesma parroquia do Catastro de Ensenada (1753) (http://arquivo.galiciana.gal/…/es.…/gl/consulta/registro.do…) e, para rematar, o plano de distribución de fotografías aéreas (http://arquivo.galiciana.gal/…/es.…/gl/consulta/registro.do…) e algunha desas fotografías do catastro de rústica do concello de Melide dos anos da década de 1950 (http://arquivo.galiciana.gal/…/es.…/gl/consulta/registro.do…).

Cos documentos dos arquivos podemos afondar no coñecemento do territorio ao longo da historia. Poderíamos buscar máis testemuños da evolución dese anaco de xeografía do centro de Galicia entre os fondos documentais do noso Arquivo. Pero hoxe contentarémonos con amosar algunhas das posibilidades que ofrece.

Salientamos tamén así a importancia que teñen os proxectos de dixitalización como medio de difusión do coñecemento que gardan os arquivos. Pero tamén como forma de crear un novo patrimonio, o patrimonio dixital.

Un patrimonio que no futuro deberemos tratar de conservar da mesma forma que agora facemos co que nos chegou dos séculos pasados.

Ofrecemos as ligazóns dunha parte destas imaxes coa base de datos Galiciana. Arquivo Dixital de Galicia. As descricións documentais acompañan a cada imaxe concreta.

Esta información publícase no contexto da celebración do Ano Europeo do Patrimonio, promovido polo Parlamento e a Comisión Europea, o Parlamento de Galicia e a Consellería de Cultura da Xunta de Galicia.

Melide: documentos que representan o seu territorio